peña_post_final

Nesta terceira edición de VRAO queriamos dar outra sorpresa ao público en forma de banda. O ano pasado gardamos un as na manga ata o último minuto, que foi a presenza de Cora Sayers durante a soleada sesión vermú no Escenario Trás!. Este 2016, teremos algo moi especial, e non será nada secreto, senón que contaremos cunha banda nova, que se presentará en sociedade no noso festival.

Rubén Abad, Elena Vázquez e Toño Magariños son tres xoves talentos coñecidos da nosa actividade cultural. Tres dos músicos máis interesantes do actual circuíto galego pola súa calidade técnica, polivalencia e espírito creativo. Abad é voz e guitarra en Trilitrate (que estiveron na primeira edición), Es Un Árbol e Cró!, multiinstrumentista en Marrones Burócratas e, ademais, por se fora pouco, toca a lap steel guitar con Guerrera. Elena é violinista de Suelen Estar Quartet, da revolucionaria O.M.E.G.A. (Orquesta de Música Espontánea de Galicia), da Orquesta Vigo 430, de Trilitrate e nos experimentais Tripo. Toño, era o baixista dos míticos Unicornibot, de Los Collares de Perlas, voz e baixo de diola e líder de Marrones Burócratas.

Os tres, chegan a Foz co seu novo proxecto para presentalo en exclusiva en VRAO. Chámanse Peña e farán gala da súa independencia artística. Polo demais, xa veremos por que estilo se decantan. Será o pop? O rock progresivo? O folk? A neoclásica? A experimentación sonora? Quen sabe! Haberá que agardar e comprobalo sobre as táboas.

Como vedes, este é un trío cun curriculum que tira para atrás e ter a posibilidade de velos xuntos como Peña mentres fan das súas, é algo que non ten prezo.

09

rente

← Previous post

Next post →

Deixa unha resposta