op_post_final

O concepto popular de “orquestra” foi deribando tristemente hacia cousas de tan pouco gusto como a Panorama, a París de Noia e eses espectáculo-trangallada que enchen as prazas de vilas e cidades. Pouco rastro queda de orquestras antigas como Los Españoles (da que formaba parte o gran motor da música focense, Arcadio), de novedades galegas como A Magnifique Bande dos Homes Sen Medo, Cuarteto Caramuxo, O.M.E.G.A., 2us ou Caxade, as big bands dos pobos ou de todas esas preciosidades jazz e swing pasadas e actuais. E logo hai outra serie de orquestras máis contemporáneas e experimentais como a que se presenta a continuación.

A Orquesta Pánico pode ser (do mesmo xeito que o é a Orquesta Metamovida) o cume dos movementos artísticos asociativos, o resultado final sobre o comunismo como xeito de entender o proceso creativo e unha manifestación clara e evidente da liberdade creadora a través da improvisación e do deixar fluír.

Son de Ourense. Tamén forman parte de Discos Porno e simbolizan unha ferramenta e un mecanismo para sacar os espíritos ceibes dunha serie de músicos que son membros de grupos como Uppercut, Haecceidad, Montaña Muerte ou Avecrem. Fan unha especie de rock instrumental de boa factura, con excelentes acabados, duramente cohesionados, cun son sólido como o formigón pero flexible como o papel e manipulable como o Boomer Kilométrico.

Serían a banda sonora perfecta para a viaxe que emprenderemos cando teñamos que deixar este planeta en busca de outros lugares nos que vivir, unha música que podería estar soando de forma infinita na nosa nave espacial. Rock progresivo, jazz, psicodelia, postmuiñeira, postailalelo, puro underground do de verdade, do que está moi por debaixo da chan, das tendencias e do foco dos medios de comunicación.

23

CUBO_TRAS