cabecera_portada_b

LOCALIZACIÓN

maqueta_localizacion

FOZ (LUGO)

Foz atópase na Mariña Lucense e ten os seus orixes no Castro de Fazouro e nos cultos druidas da Pena do Altar. Fogar de ártabros, tartesios, fenicios e romanos, así como do noso queridísimo Mariscal Pardo de Cela, quen loitou ata a morte contra Os Reis Católicos. O seu modelo de resistencia contra Castela é unha inspiración para a nosa asociación, pois compartimos a súa actitude de reivindicar o que nos é propio.

Foz é un concello rico en matices naturais, tanto costeiros como de interior. As praias son un dos nosos principais atractivos, de moi diferente tipoloxía e con area clara e fina. A Rapadoira, un dos areais urbanos máis grandes de Galicia, Llas e o seu espírito salvaxe, Peizás que é puro underground ou a nudista dos Alemáns son algunhas desas praias das que podedes desfrutar.

O litoral de Foz é dunha grande riqueza ecolóxica e destacan nel a ría e os varios ríos que nos envolven (Ouro, Centiño, Masma…). Nesta liña, o paseo marítimo, o do Ouro ou o de Malates son ideais para deixarse levar polo entorno.

As actividades relacionadas co mar, foron case sempre o motor da vila, como a pesca de baixura, tamén a pesca de baleas ou como refuxio de navegantes cando estaba dentro das rutas internacionais de Flandes, Inglaterra e Portugal. A invasión francesa e a Guerra Civil deron paso a unha importante emigración, tras a que volveu o peso da pesca e do agro como fonte de ingresos. Actualmente, o séctor turístico é un factor importantísimo e o sector servizos está moi presente.

A Basílica de San Martiño (séculos IX-XI, a máis antiga de España e do sur de Europa), o Castro de Fazouro (séculos I-II), o Pico da Frouxeira coa súa fortaleza ou as variadas construcións etnográficas son monumentos ben dignos de ser cometidos.

Foz é unha vila normal, pero é a nosa. A nosa casa, o lugar no que VRAO cobra todo o seu sentido. Berce dese vento nordés que tanto detestan os de fóra cando veñen e que tanto botamos de menos os de dentro cando estamos fóra. Bandeira das temperaturas suavizadas polo mar. Foz ten algo máxico, que atrae e que produce unha agradable sensación de benestar.

E, para rematar, aproveitando que Manuel María está sendo homenaxeado este ano nas Letras Galegas deixámosvos cuns versos del:


“Sinto o mar en mín, chamarme


coa súa voz ronca, poderosa…


É o meu vello amigo


O mar de Foz que me reclama


Co seu recendo rexo e masculino;

quéreme perto dos mariñeiros,


Dos labregos, das lentes populares

para darnos a súa forza


E poñer en pé a nosa patria”.


Como chegar

VIGO:
Ruta por carretera

PONTEVEDRA:
Ruta por carretera

A CORUÑA:
Ruta por carretera

SANTIAGO DE COMPOSTELA:
Ruta por carretera 1
Ruta por carretera 2

LUGO:
Ruta por carretera
AUTOBUS – ARRIVA (982 560 103)

FERROL:
Tren
 Oviedo-Ferrol