dois_post_final

Vigo é un lugar cunha tremenda inquedanza cultural ao longo da historia. Pode ser froito da gran tensión laboral que houbo sempre con eses mediáticos conflictos, ou pola excesiva verticalidade na construción da cidade, ou polo seu caos organizativo, ou polo contraste de escuridade e luz, ou por ter os representantes políticos máis delirantes, ou polo decadente que a veces resulta, ou por ser a capital desde a sombra. Vigo sempre será Vigo. Vigo sempre será música e de Vigo veñen Dois.

Dois (“dous” en portugués) son Guillermo Portas (baixo), Óscar Raña (voz e guitarra, tamén en Puma Punku e Szentes) e José Nóvoa (batería, Szentes), un trío de xoves talentosos que fan pop descarado, sen complexos, luminoso, incriblemente vitalista, divertido, sinxelo, cálido, onde as melodías son o importante, cun deixe desfasadamente naif e co colorido habitual da escena hippie.

Segundo din eles mesmos no seu perfil de bandcamp, “Dois é a resposta galega a cuántosh?”, pero indo ao concreto, é un artefacto sonoro que publicou con Seara Records o seu primeiro EP en formato cassette. “Dois EP” (2014), gravado, mesturado e masterizado en Favela Estudios de Vigo, é un disco co que nos presentan cinco fermosas cancións que se deslizan (sen coidado) entre o rock esquelético, o pop bailongo e o garage primitivo. Un traballo cen por cen desfrutable, que rescata a música dos anos sesenta para darlle o sabor psicodélico propio das Illas Cíes.

Reverbs a casco porro, riffs de guitarra efectivos pero non efectistas que cobran un candente protagonismo, batería crúa e refinada, unha enerxía que desborda, con influencias de grandes referentes como aqueles guais The Lemonheads, Ariel Pink, White Fence, The Feelies, Girls, Beach Fossils ou os madrileños Terrier.

09

rente

← Previous post

Next post →

Deixa unha resposta