cro_post_final

Todo o mundo sabe (ou debería saber) nesta altura que Cró! é unha das bandas máis molonas do actual panorama galego e estatal. Alonxada dos circuitos comerciais, este grupo fai da experimentación a súa bandeira e non se sente intimidado polo termo “complexidade”. Xunto a Unicornibot (a quenes tivemos por Foz na nosa primeira edición), Why Go ou Buogh! formaron o colectivo e orquestra de improvisación La Metamovida.

Cró! son David Santos (baixo), Cibrán Rey (batería), Rubén Abad (guitarra e voz), Xavier Núñez (teclados e voz) e Borja Bernárdez (visuais en tempo real), cinco rapaces de Vigo que nos traen unha proposta esixente co oínte, moi interesante a nivel instrumental e xeniais na composición. Desde os seus inicios, mesturan estilos e déixanse levar pola improvisación, o jazz, o rock progresivo, o grunge, os ambientes e as paisaxes psicodélicas e alucinadas, creando atmosferas moi intensas que se configuran en cancións por obriga, pois para eles tocar debe ser como respirar.

Teñen un enorme talento, moitas horas de ensaio ás súas costas e moita experiencia ao vivo. Alemaña, Francia, Portugal e o resto de España foron lugares testemuñas do seu bo facer.

Entre as súas influencias identifícanse nomes como King Crimson, Radiohead, The Bad Plus, Zá!, Soundgarden ou Goodspeed You! Black Emperor, todos eles con sobrada garantía para levantar aínda máis o noso interese.

“Dime que quedó grabado!” (un disco de improvisacións feitas entre 2007 e 2011), o homónimo, autoproducido e que serviu como presentación oficial “Cró!” (2009), o espectacular “ONKALO” (2012) e o poliédrico “PERA” (2014) son catro álbumes e catro pasos adiante cos que podemos desfrutar do que estes mozos saben facer nun estudo de gravación, mais é no directo onde realmente se amosan tal e como son e onde demostran o seu elevado grao de coordinación.

23

CUBO_TRAS

← Previous post

Next post →

Deixa unha resposta